NOTA IMPORTANTE
15-03-2020
Con motivo do Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19 en todo o territorio nacional, informo de que o Concello de Zas abre as súas oficinas municipais no horario habitual para aqueles casos de necesidade e/ou urxencia que afecten principalmente ás persoas máis vulnerables nestes momentos como poden ser persoas maiores ou con patoloxías crónicas que vivan soas.
Durante o estado de alarma, suspéndense os prazos administrativos entre as diferentes administracións públicas que se reanudarán no momento en que perda vixencia o real decreto ou, no seu caso, as prórrogas do mesmo.
A veciñanza poderá efectuar as súas consultas mediante vía telemática ou telefónica a través do enderezo electrónico correo@concellodezas.org ou no número de teléfono 981 70 83 03.
Moitas grazas pola vosa comprensión e aproveito a ocasión para mandarvos moito ánimo. Estamos nunha situación difícil e dura da que confío en que pronto sairemos co esforzo de todos e todas. E lembrade seguir as recomendacións das autoridades para protexernos do coronavirus.
Manuel Muíño Espasandín
Alcalde de Zas
15 de marzo 2020