BANDO DE ALCALDÍA

13-03-2020

BANDO DA ALCALDÍA 

Ante a alarmante situación xerada pola expasión do coronavirus COVID-19, o Concello de Zas adoita as seguintes medidas e recomendacións:

A atención ao público nas dependencias municipais verase limitada a casos de urxencia e extrema necesidade, chamando previamente ao teléfono do concello 981 70 83 03 ou no correo electrónico correo@concellodezas.org
Os trámites poderán realizarse a través da sede electrónica do Concello (https://sede.concellodezas.org/)
Suspensión de todas as actividades municipais: deportivas, culturais, cursos,...
Suspensión de todas as actividades (cursos, obradoiros,...) que por parte das asociacións, agrupacións, veciños, etc se leven a cabo en edificios ou instalacións municipais
Suspensión da Feira de Baio e do mercado mensual de Zas
Recoméndase seguir, encarecidamente, as instruccións ditadas polas autoridades sanitarias competentes (Ministerio de Sanidade e Consellería de Sanidade)
Non acudir directamente ao hospital ou centro de saúde, senón contactar telefonicamente co 900 400 116
Teléfono gratuito de información para cidadadáns 900 400 116 e páxina web oficial de información 
https://coronavirus.sergas.es/

RÓGASE A TODOS OS VECIÑOS/AS A MÁXIMA COLABORACIÓN PARA, ENTRE TODOS, SUPERAR ESTA CRISE

O Alcalde de Zas,
Manuel Muíño Espasandín

Compartir: