Rematan os traballos de mellora de distintos camiños forestais situados en Zas, Lamas e Gontalde

29-10-2019

O plan de mellora dos camiños rurais posto en marcha polo goberno municipal de Zas continúa en marcha. Nos últimos meses reparánronse máis de 11.000 metros de camiños forestais de todo o municipio aos que hai que sumarlle as actuacións realizadas recentemente nos lugares de Zas, Lamas e Gontalde. 

Estes últimos traballos consistiron principalmente na limpeza e apertura de cunetas e na pavimentación con zahorra co fin de mellorar a seguridade nestas zonas que soportan unha importante tasa de tráfico agrícola e forestal. 

 

Novas relacionadas

Compartir: