O Concello de Zas acondiciona máis de 4.400 metros de camiños forestais
26-06-2019
O Concello de Zas vén de rematar a mellora e a apertura de máis de 4.400 metros de camiños forestais. As obras, executadas pola empresa Construcciones Damaso Ferreiro e Hijos, S.L., leváronse a cabo en camiños pertencentes á parroquia de Gándara que soportan un alto tráfico de vehículos agrícolas e que requirían unha actuación que garantise a mobilidade e a seguridade circulatoria. Os traballos realizáronse en función das necesidades de cada camiño e, en termos xerais, consistiron na limpeza e apertura de cunetas e na pavimentación con zahorra.
As obras realizáronse en:
- Pista de Budián (norte) – Cotón de Ponteouteiros, 998 metros
- Pista de Budián – Cotón de Atrás, 139 metros
- Pista de Budián (sur) – Cuns, 816 metros
- Pista de Budián – Parga, 886 metros
- Pista Quintáns de Gándara (Cedreiro) 1, 594 metros
- Pista Quintáns de Gándara (Cedreiro) 2, 294 metros
- Pista Vilaestévez – Pico de Meda, 701 metros
Sumando un total de 4.428 metros.
Os traballos completados na parroquia de Gándara forman parte do plan de mellora dos camiños rurais posto en marcha polo Concello de Zas e no cal se investiron máis de 88.000 euros. As melloras afectaron principalmente a diferentes camiños forestais das parroquias de Gándara, Carreira, Mira, Baio, Lamas, Zas e Santasía de Roma. Deste xeito, nos últimos meses repararáronse xa máis de 11.000 metros de pistas forestais en todo o municipio.