O Campo Municipal Platas Reinoso de Baio acolle unha nova edición do DéporCampus
10-07-2019
Un ano máis, e xa van tres, o Concello de Zas e o RC Deportivo veñen de renovar a súa colaboración para a celebración dunha nova edición do DéporCampus e fomentar así o deporte entre os máis novos.
O DéporCampus Cabreiroá 2019 terá lugar entre o 29 de xullo e o 2 de agosto no Campo Municipal Platas Reinoso de Baio. Técnicos da canteira do RC Deportivo serán os encargados de dirixir as diferentes sesións de adestramento nas que os participantes terán a oportunidade de mellorar as súas habilidades, gozar do xogo, facer novas amizades e vivir experiencias únicas. O Dépor Campus está dirixido a nenos e nenas de 6 a 14 anos e o prazo de inscrición está aberto ata as 12:00 horas do 25 de xullo.
As tarifas son de 120€ a normal e de 100€ a bonificada e nela inclúese equipamento deportivo cun deseño exclusivo, seguro de accidentes deportivos, auga e froita durante os adestramentos, diploma e unha festa de clausura con agasallos. As persoas interesadas poden ampliar información e/ou inscribirse a través do enderezo web deporcampus.rcdeportivo.es
Os DéporCampus Cabreiroá 2019 realizarase ne 15 sedes diferentes (10 en Galicia, 1 en Cantabria e 4 fóra do territorio nacional).