Relación de curtas finalistas e reservas da III edición dos Premios Fouciño

28-06-2018

 

No seguinte enlace, podes consultar a relación definitiva das curtametraxes finalistas do concurso dos Premios Fouciño. 

A proxección das curtametraxes terá lugar o 30 de xuño de 2018 ás 19:00 horas en Casa Ovidio de Baio. 

De entre as finalistas en ambas catogorías, o xurado seleccionará o propio día do festival (30 de xuño) as curtametraxes gañadoras. O público poderá emitir a súa valoración de cada unha das obras finalistas ao remate do seu visonado. A organización facilitará uns cuestrionarios para puntuar do 1 ao 5 cada curtamentraxe. A puntuación final será a que resulte da suma de todas as puntuacións.

Premios

  • Premio da Categoría de Centros de Ensino: 300€ en metálico para o centro de ensino + trofeo
  • Premio da Categoría Libre: 700€ en metálico + trofeo
  • Premio do público: trofeo

O acto de entrega dos premios celebrarase na carpa habilitada ao carón de Casa Ovidio de Baio o próximo 30 de xuño ás 22:30 horas. Se por calquera motivo, algún dos finalistas non puidera estar no acto de entrega de premios, deberá nomear previamente un representante para asistir ao propio acto; a dita situación será comunicada á organización con antelación. En caso contrario perderá o dereito ao premio.

Os premios están suxeitos ás retencións legalmente establecidas e cada peza participante non poderá recibir máis dun premio ou mención.

 

 

Descargas

Novas relacionadas

Compartir: