Un total de 91 autónomos/as e microempresas afectadas pola Covid-19 reciben os 1.000 euros da axuda outorgada polo Concello de Zas
07-12-2020
O Concello de Zas vén de facer o pago dos 1.000 euros correspondentes á primeira liña de axudas dirixidas a autónomos/as e microempresas afectadas pola Covid-19. En total son 91 os beneficiarios/as destas axudas postas en marcha polo equipo de goberno de Manuel Muíño e que se financian integramente con fondos municipais.
Esta liña de axudas marca un feito sen precedentes para o Concello de Zas, xa que son as máis importantes concedidas até o momento polo noso Concello. Ademais, o de Zas é o único municipio das comarcas de Soneira e Fisterra en outorgar axudas económicas directas para paliar o impacto económico provocado pola Covid-19 entre o seu tecido empresarial.
O Alcalde de Zas, Manuel Muíño, destaca a “boa acollida” destas axudas nuns momentos tan complicados como están pasando unha boa parte do noso tecido empresarial. “Estas axudas marcan un esforzo sen precedentes para un concello como o noso que con menos de 5.000 habitantes inxecta directamente 91.000 euros na súa economía local”, destaca o rexedor.
Ademais desta liña de axudas directas, o Concello de Zas reforza o seu compromiso coas diferentes entidades empresariais dándolle apoio económico ás iniciativas que están a poñer en marcha para reactivar a economía local.
A lista definitiva dos beneficiarios/as destas axudas pode consultarse a través do Tablón de Anuncios da Sede Electrónica do Concello de Zas.
Cartel
Na seguinte ligazón podes descargar o cartel para a publicidade da 1ª Liña de Axudas para Autónomos/as e microempresas do Concello de Zas.
Todos os establecementos aos que se lles concedeu a axuda deberán ter exposto este cartel nun lugar visible.
Descargar cartel: https://sede.concellodezas.org/opencms/es/informacion/tablon/Noticia_Secretaria_022.html
Ligazóns
Descargas
Novas relacionadas
- Abre o prazo de solicitude das axudas do Programa PEL Reactiva dirixidas a autónomos e microempresas afectadas pola Covid-19
- Publicada a listaxe provisional dos beneficiarios da primeira liña de axudas dirixidas a autónomos/as e microempresas afectadas polo Covid-19
- Aberto o prazo de solicitude das axudas dirixidas a autonómos/as e microempresas do Concello de Zas