Abre o prazo de solicitude das axudas do Programa PEL Reactiva dirixidas a autónomos e microempresas afectadas pola Covid-19
09-11-2020
A partir das 00:00 horas do 10 de novembro queda aberto o prazo para a solicitude das subvencións do programa PEL Reactiva 2020, cofinanciado pola Deputación da Coruña, que ten como finalidade impulsar a actividade económica e o emprego entre os/as autónomos/as e microempresas do noso municipio afectadas pola Covid-19 financiando unha parte dos seus gastos correntes. O Concello de Zas destina 22.252,46€ dos seus fondos propios a estas axudas que, xunto cos 89.009,81€ que recibirá do Fondo de Financiamento da Deputación da Coruña, fan un total de 111.262,27€.
A quen están dirixidas?
Estas axudas da liña PEL-Reactiva poderán solicitalas os autónomos, autónomas e microempresas con domicilio fiscal no Concello de Zas que reúnan algún destes requisitos:
- Grupo I: Que se viran afectadas polo peche do negocio durante o estado de alarma
- Grupo II: Que no segundo trimestre fiscal de 2020 se vira reducida a súa facturación, polo menos, nun 75% en relación coa media efectuada no semestre natural anterior á declaración do estado de alarma
- Grupo III: Que se acolleran a un ERTE como consecuencia da situación de crise sanitaria orixinada pola COVID-19
Ademais, os/as solicitantes deberán cumprir os seguintes requisitos:
- Ter o domicilio fiscal no Concello de Zas
- Non atoparse incurso en ningunha das circunstancias recollidas nos artigos 3.2 e 13.3 da Lei 38/20003, do 17 de novembro, Xeral de Subvencións
- Estar ao corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias coa AEAT, TXSS, Concello de Zas, Comunidade Autónoma de Galicia e coa Deputación Provincial da Coruña
- Cumprir coas obrigas establecidas na base 14 das reguladoras desta subvención
- No caso de persoas autónomas: estar dado de alta no Réxime Especial de Traballadores Autónomos (RETA) ou en calquera outro por conta propia da Seguridade Social, ou como mutualista de colexio profesional, con anterioridade ao 14 de marzo
- No caso de micropemes, a data de constitución da empresa debe de ser anterior ao 14 de marzo
Canto se subvenciona?
Estas subvencións son compatibles coa 1ª liña de axudas dirixidas a autónomos/as e microempresas que concede o Concello de Zas. As novas axudas do PEL-Reactivan convócanse na modalidade de concorrencia competitiva e o seu importe oscilará entre os 1.500 euros para os traballadores por conta propia sen traballadores ao seu cargo e os 3.000 euros aos que poden optar as microempresas e autónomos/as que conten cun cadro de persoal entre 6 e 9 traballadores. O importe das subvencións será fixo e determinarase conforme aos seguintes criterios:
- Traballadores/as por conta propia ou autónomos/as, sen traballadores ao seu cargo, afectados polo peche como consecuencia da declaración do estado de alarma ou aqueles que non se visen afectados polo peche pero cuxa facturación no segundo trimestre fiscal de 2020, se vise reducida, polo menos nun 75% en relación coa media de facturación do semestre natural anterior á declaración do estado de alarma: 1.500 euros
- Traballadores/as por conta propia ou autónomos/as con traballadores/as ao seu cargo e microempresas afectados polo peche como consecuencia da declaración do estado de alarma ou aqueles que non se visen afectados polo peche pero cuxa facturación segundo trimestre fiscal de 2020, se vise reducida, polo menos nun 75% en relación coa media de facturación do semestre natural anterior á declaración do estado de alarma, ou que se visen na obriga de acollerse a un ERTE, atendendo ao seguinte:
- Un só traballador/a: 2.000,00€
- Entre 2 e 5 traballadores/as: 2.500,00€
- Entre 6 e 9 traballadores/as: 3.000,00€
Que se subvenciona?
Os fondos poderán destinarse, entre outras cuestións, a gastos realizados entre o 1 de marzo de 2020 e o 31 de decembro de 2020 entre os cales figuran: adaptación e acondicionamento dos negocios á nova realidade derivada da pandemia (como pode ser a compra de mamparas de protección), adquisición de produtos hixiénicos e de limpeza, material antiséptico ou desinfectante, así como a gastos correntes de aluguer, auga, luz,…
No seguinte cadro figuran de forma detallada todos os gastos subvencionables:
601 |
Compra de material Material antiséptico ou desinfectante, produtos hixiénicos e de limpeza |
621 |
Arrendamentos e canons Arrendamentos de maquinaria, vehículos, locais ou instalacións* Gasto directo *O arrendamento do local de negocio ou instalacións, sempre e cando non sexa parte da vivenda da persoa solicitante ou espazo compartido con outra empresa e non exista relación de parentesco ata 2º grao de consanguinidade ou afinidade co/a arrendador/a do local, nin sexa socio/a ou partícipe da persoa física ou xurídica que actúe como arrendador/a. Así mesmo, exclúense os espazos de coworking. *O renting de maquinaria, máquinas, vehículos, etc. |
622 |
Reparación e conservación Adaptación de locais ás medidas de protección fronte á COVID-19 (biombos de protección, etc). Gasto directo |
625 |
Primas seguros Seguros de responsabilidade civil, seguros de accidentes. Gasto directo |
628 |
Subministracións Auga, gas, combustibles, electricidade. Gasto directo |
Que documentación se necesita?
Para solicitar estas axudas é necesario presentar a seguinte documentación:
- NIF/NIE ou CIF segundo corresponda
- Designación de conta bancaria segundo o modelo normalizado do Concello de Zas
- Anexo VIII: Solicitude da axuda
- Anexo IX: Declaración responsable do cumprimento de requisitos e obrigas
- Beneficiarios/as do Grupo I:
- Certificado actualizado de Situación Censal da Axencia Estatal Tributaria
- Informe actualizado de Vida Laboral da Empresa, expedido pola Tesourería Xeral da Seguridade Social no que se inclúa o seu número de traballadores/as
- Beneficificiarios/as do Grupo II:
- Ademais da documentación indicada para o Grupo I, acreditación da redución de ingresos dende os seis meses previos á declaración do estado de alarma e ata a data de presentación da solicitude da axuda, mediante a presentación dalgún dos seguintes documentos: copia do libro de rexistro de facturas, libro diario de gastos, libro rexistro de vendas e ingresos e libro de compras e gastos, ou declaración de IVE, IRPF
- Beneficiarios/as do Grupo III:
- Ademais da documentación indicada para o Grupo I, documento acreditativo da situación de ERTE
Cando e como solicitalas
O prazo de solicitude destas axudas comeza ás 00:00 horas do 10 de novembro e finaliza ás 14:00 horas do 25 de novembro de 2020. Todas as solicitudes tramitaranse de xeito telemático a través da Sede Electrónica do Concello de Zas á que se pode acceder a través da seguinte ligazón: https://sede.concellodezas.org/
Nas seguintes ligazóns poden consultarse as bases completas da convocatoria.
Ligazóns
Descargas
- Anuncio de corrección de error material na resolución provisional do PEL-REACTIVA
- Modificiación de prazos de xustificación das axudas PEL-Reactiva
- XUSTIFICACIÓN: Anexo Conta xustificativa e declaración responsable (word)
- XUSTIFICACIÓN: Anexo Conta xustificativa e declaración responsable (pdf)
- XUSTIFICACIÓN: Cartel Publicidade empresa beneficiaria da axuda PEL-Reactiva