Aberto o prazo de solicitude das axudas dirixidas a autonómos/as e microempresas do Concello de Zas

21-09-2020

 

Xa se pode solicitar a primeira liña de axudas posta en marcha polo goberno municipal de Zas dirixida a minimizar entre o tecido empresarial local o impacto económico derivado da declaración de emerxencia do Covid-19. 

A través desta primeira liña de axudas, o Concello de Zas outorgará de forma directa unha axuda de 1.000 euros a aqueles autónomos/as e microempresas do noso municipio que se viron obrigados/as a pechar e cesar a súa actividade tras a declaración do estado de alarma ou que tendo que obrigatoriamente estar abertos, tiveran unha caída dos seus ingresos superior ao 75%. O Concello de Zas destina 150.000 euros dos seus fondos municipais a esta iniciativa.

“Con esta primeira medida pretendemos axudarlle ao pequeno comercio a superar as dificultades económicas derivadas desta pandemia e manter así o maior número de postos de traballo posibles”, sinala Óscar Lema, Tenente de Alcalde do Concello de Zas. 

Como solicitar as axudas

As solicitudes deberán realizarse exclusivamente a través da sede electrónica do Concello de Zas  (https://sede.concellodezas.org), dentro do apartado Subvencións, e xunto coa solicitude deberá presentarse tamén telematicamente a documentación correspondente. O prazo de presentación das solicitudes remata o 6 de outubro ás 23:59 horas. 

As bases que regulan estas axudas poden consultarse tanto a través da sede electrónica do Concello de Zas como no Boletín Oficial da Provincia do 21 de setembro de 2020. 

Ligazóns

Novas relacionadas

Compartir: