Ábrense as votacións para o concurso de Nadal PanxoliñaZas

24-12-2018

A cuarta edición do concurso de Nadal PanxoliñaZas, organizado polo Concello de Zas, entra na súa recta final. Unha vez rematado o prazo de presentación dos vídeos de panxoliñas e cantos tradicionais propios destas datas, xa están pendurados na páxina de Facebook “Concello de Zas Actualidade Municipal” os oitos vídeos participantes.

O traballo que máis gústames acade recibirá o premio os “Vídeo máis popular”. As votacións poderán realizarse ata o próximo 27 de decembro ás 10:00 horas e unicamente se contabilizarán os gústames da publicación realizada na páxina oficial de Facebook do Concello de Zas. Ademais deste haberá outros tres premios que os outorgará un xurado formado por membros do Concello de Zas e de tres asociacións do municipio. Premiarase a presentación e a posta en escena, a fidelidade á tradición galega e un vídeo infantil.

O nivel é moi alto xa que calquera dos oito traballos presentados ten un alto nivel de manexo da ferramentas informáticas así como unha coidada posta en escena e conservación das tradicións. Os traballos participantes son:

  • "Cando é Nadal": Alumnos 5º e 6º Educación Primaria CPI Zas
  • "Polo Nadal": Alumnos Educación Infantil CPI Zas
  • "Os tres Reis Magos": Alumnos 3º e 4º Educación Primaria CPI Zas
  • "Volver a casa polo Nadal": Alumnos 1º e 2º Educación Primaria CPI Zas
  • "Con un sombreiro de palla": Asociación A Pita Cega
  • "25 de decembro fun fun fun": Asociación A Pita Cega
  • "Canto de Reis de Langueirón": Asociación de Baile Tradicional Churía
  • "O Nadal do Allo": Cristina Pardiñas Liste

 

Obradoiros infantís

Por outra parte, a próxima semana poñeranse en marcha os obradoiros e xogos de Nadal dirixidos a nenos e nenas de 4 a 12 anos e que se inclúen na programación de Nadal co fin de contribuír á conciliación laboral e familiar das familias do nosos municipio.

A primeira quenda será os días 26, 27 e 28 de decembro entre as 16:00 e as 19:00 horas no Centro Sociocultural de Baio. Xa os días 2, 3 e 4 de xaneiro as actividades trasládanse ao Centro Sociocultural de Zas e desenvolveranse entre as 10:00 e as 13:00 horas. Para participar nestes obradoiros é necesario anotarse previamente chamando ao 981 718 056 ou 981 751 398.

Novas relacionadas

Compartir: