Volven “Os venres a pé” con tres rutas de sendeirismo polo Concello de Zas

08-08-2018

Este venres arranca unha nova edición de “Os venres a pé”, unha serie de rutas de sendeirismo polo noso municipio que realizaremos os días 10, 17 e 24 de agosto en horario de mañá e que forman parte do programa de conciliación laboral e familiar “Zas no verán!”.

“Os venres a pé” levarannos por algunhas das paraxes naturais máis destacadas do noso municipio. A praza do Concello será o punto de saída e de chegada desta serie de percorridos de dificultade baixa e aptos para nenos e nenas maiores de 7 anos e para todos aqueles adultos que queiran participar. Para realizar estas rutas é recomendables utilizar calzado e roupa cómodos e o uso de crema de solar. Ademais, os participantes poderán levar a súa propia merenda xa que ao longo das rutas teremos tempo para descansar.

Os/as interesados en participar en calquera das rutas deben anotarse previamente chamando ao número de teléfono 981 751 398 ou 981 718 056. A inscrición é de balde.

Novas relacionadas

Compartir: