O grupo FarandOleiras traénos á V Mostra de Teatro Afeccionado Labarta Pose o seu espectáculo de cabaré “Olimpo´s”

29-04-2022

 

Mañá sábado continúa a V Mostra de Teatro Afeccionado Labarta Pose coa representación de “Olimpo´s”, que nos trae a compañía FarandOleiras dende Oleiros (A Coruña). O espectáculo está dixido a todos os públicos e representarase a partir das 21:30 horas no Auditorio de Baio.

Esta é a segunda vez que a compañía participa na Mostra de Teatro Afeccionado organizada polo Concello de Zas xa que na primeira edición representara “Pánico” co que obtivo o 3º premio ao mellor espectáculo.

Na representación de mañá, que leva por título “Olimpo´s”, a compañía segue fiel á súa proposta de teatro cabaré na que se combinan pequenas esceas de teatro con números musicais. Desta volta, FarandOleiras sobe ás alturas para amosarnos o ben que viven e pensan as deusas e deuses dun hipotético (e bastante negro) Olimpo e como inflúe a súa presenza nos mortais. Neste Olimpo farandoleiro tamén se fan enquisas de igualdade, tamén hai teito de cristal e… ata hai secesionismo galego.

Novas relacionadas

Compartir: