O Concello de Zas reparte máis de 28.000 euros en axudas para estudantes

04-01-2022

 

Nos próximos días un total de 138 estudantes recibirán as súas axudas económicas para o curso 2021-2022 outorgadas polo Concello de Zas. Cada un deles recibirá un importe que oscila entre os 120€ e os 360€, en función dos estudos que realicen e que se dividen da seguinte maneira:

  • Ensinanza Primaria: 36 bolsas de 120€ cada unha
  • ESO, FP Básica e ciclos formativos medios: 31 bolsas de 150€ cada unha
  • Bacharelato e ciclos formativos superiores: 34 bolsas de 180€ cada unha
  • Estudos universitarios: 37 bolsas de 360€ cada unha

O obxectivo destas Bolsas de Estudo para o curso 2021-2022 é contribuír á integración socio-laboral das familias con menores recursos do noso municipio e para as cales o Concello de Zas destina máis de 28.000 euros. Esta é unha iniciativa posta en marcha polo Goberno Local, encabezado por Manuel Muíño, dende hai máis de dez anos.

Na seguinte ligazón pode consultarse a relación  definitiva de beneficiarios/as e excluídos/as: https://sede.concellodezas.org/opencms/export/sites/zas/recursos/downloads/Tablon/2022/ANUNCIO_PROG_20220103133000082_ANEXO_1641213000-0.pdf

 

Novas relacionadas

Compartir: