Publicada a listaxe provisional de admitidos e excluidos das becas de estudo

13-12-2021

OConcello de Zas vén de publicar na súa Sede Electrónica a relación provisional de admitidos e excluídos nas Bolsas de Estudo para o curso 2021-2022.

As persoas excluídas dispoñen dun prazo de 2 días (martes 14 e mércores 15 de decembro) para enmendar as faltas ou achegar os documentos que se lle solicitan. 

O Concello de Zas destina un total de 29.100 euros a esta iniciativa que se repartirán en 180 bolsas que oscilan entre os 120€ e os 360€ en función dos estudos que se realicen. Os/as beneficiarios/as son estudantes empadroados/as no Concello de Zas e que cursen ensinanza primaria, ESO, FP Básica, Bacharelato e ciclos formativos (medios e superiores) ou estudos universitarios. Esta é unha iniciativa posta en marcha hai máis de dez anos polo equipo de Goberno Municipal encabezado por Manuel Muíño Espasandín. 

Listaxe provisional de admitidos/excluídos: https://sede.concellodezas.org/opencms/export/sites/zas/recursos/downloads/Tablon/2021/ANUNCIO_PROG_20211213143000125_ANEXO_1639402200-0.pdf

 

Novas relacionadas

Compartir: