O Alcalde de Zas entrega o premio do concurso infantil #ZasQuedaNaCasa

24-04-2020

O Alcalde de Zas, Manuel Muíño Espasandín, entregou esta mañá o premio do concurso infantil #ZasQuedaNaCasa, convocado no pasado mes de marzo pola Bibliotecas Municipais a través das redes sociais. 

Fabiola Gundín Rego, de Lamas, recibiu un lote de libros en galego despois de que o seu traballo obtivese un maior número de gústame (un total de 510) dentro do álbum de fotos pendurado da páxina de Facebook “Concello de Zas Actualidade Municipal”. A entrega do premio fíxose coidando as medidas de seguridade recomendadas polas autoridades sanitarias. 

No concurso infantil #ZasQuedaNaCasa participaron doce nenos e nenas do noso municipio con traballos cheos de cor e en clave positiva cos que animaron dun xeito divertido e entretido as súas fiestras nestes días de confinamento. Moitas grazas a todos por participar!  

Novas relacionadas

Compartir: