Xa temos gañadora do concurso infantil #ZasQuedaNaCasa
12-04-2020
Unha vez rematado o prazo de votacións, xa temos a gañadora do Concurso Infantil #ZasQuedaNaCasa convocado polo Concello de Zas a través das Bibliotecas Municipias. Fabiola Gundín Rego foi a concursante que obtivo un maior número de gústames, un total de 510, no seu debuxo. O premio, que consiste nun lote de libros en galgo, entregarase nos vindeiros días.
No concurso participaron doce nenos e nenas do noso municipio. Todos os traballos poden verse no álbum de fotos #ZasQuedaNaCasa publicado na páxina oficinal do Concello de Zas.
Este foi un certame que se puxo en marcha o pasado mes de mazo co obxectivo de que os máis novos da casa pasaran estes días de confinamento o máis entretidos posible e para animar as fiestras con debuxos positivos e cheos de cor.