Continúan as tarefas de desinfección nos lugares máis concorridos do Concello de Zas

15-04-2020

Os colectores de lixo e as entradas dos diferentes establecementos que continúan abertos para abastecer a veciñanza de productos de primeira necesidade son os principais puntos nos que os operarios municipais do Concello de Zas están levando a cabo tarefas de desinfección de forma continua dende os inicios desta crise sanitaria provocada polo Covid_19.

Durante estes días tamén se están realizando labores de limpeza e desinfección na Casa do Concello onde se continúa desenvolvemento a actividade habitual e atendendo ás necesidades que a veciñanza. Ainda que as instalacións municipais permanecen pechadas ao público para evitar a propagación do coronavirus, no seu interior segue a actividade para atender de forma teléfonica aos veciños e veciñas que o precisen. Para iso deben contactar a través do número de teléfono 981 70 83 03 onde serán atendidos por un funcionario municipal e polo propio Alcalde de Zas, Manuel Muíño. 

Novas relacionadas

Compartir: