Plan de acción para o clima e a enerxía sostible do Concello de Zas
FEADER: Europa inviste no rural
Servizo de Atención Temperá
Zas Dixital
Costa da Morte Terra Atlántica
Obxectivos
Estes son os nosos principais obxectivos ...
A análise da realidade para a detección das necesidades e carencias sociais.
A información, asesoramento e orientación aos individuos, grupos e á comunidade en xeral sobre os dereitos, obrigas e recursos existentes en materia de servizos sociais así como, sobre os procedementos para o seu exercicio, e se é o caso a intermediación necesaria para que sexan efectivos.
O desenvolvemento de servizos preventivos dirixidos á poboación en xeral e de forma especial a aqueles colectivos que se atopen en situación de risco.
Detección e avaliación das problemáticas, tanto individuais como colectivas, e o establecemento das solucións de acordo cos recursos sociais deste nivel de atención, ou se é o caso, a súa derivación aos servizos especializados así como, o seu seguemento.
A mellora da autonomía persoal, a integración e permanencia no medio familiar mentres sexa desexado e axeitado así como, promover formas alternativas de convivencia nos supostos en que esta sexa inviable.
Promoción da vida asociativa, do desenvolvemento comunitario e do voluntariado social, entrementres que favorecen a concienciación dos cidadáns sobre os seus problemas e a procura de solucións a partir da propia sociedade.
Establecer vías de coordinación e colaboración cos organismos públicos e as organizacións privadas que presten servizos que afecten ao benestar social procurando a maior rendibilidade e racionalidade deles.
Inserción social dos membros marxinados e excluídos da comunidade.
A prestación de cantos servizos concretos sexan precisos para a implantación dos programas básicos de actuación.