Este domingo celebramos o Día de Bici cun percorrido polo noso municipio
07-08-2019
Este domingo, 11 de agosto, celebramos o Día da Bici; unha das citas que non poden faltar na programación do verán. A ruta, apta para maiores de 6 anos, será duns 21 quilómetros de distancia que se realizarán tranquilamente ao longo da mañá. Para iso sairemos ás 10:30 horas da Praza do Concello de Zas e logo de percorrer varios puntos do noso municipio (Lamas, Vilar, Baio e San Cremenzo) o paseo concluirá na praia fluvial de Carreira cunha merenda a base de bocadillo, froita e auga para todos os participantes. Para asistir é necesario anotarse previamente chamando ao número de teléfono 981 751 398 ou 981 718 056. A inscrición é de balde e é obrigatorio o uso do casco.
Esta é unha actividade organizada polo Concello de Zas e que se enmarca no programa de conciliación laboral e familiar “Zas no Verán!”. O programa, que continúa ao longo de todo o mes de agosto, contempla máis actividades nas que se combinan os hábitos de vida saudables e a posta en valor da riqueza natural e do patrimonio do noso municipio tales como Os Venres a Pé, un Día nas Torres, un campamento medioambiental. Podes consultar as actividades programadas para estes días na páxina web do Concello de Zas, a través do seguinte enlace: http://www.concellodezas.org/portal-cidadan/noticia/gl/913/n