A Semana Cultural tráenos unha nova xornada con contacontos, obradoiros, teatro,… e moito máis!

31-07-2019

En Zas seguimos a tope coa Semana Cultural que nos trae unha nova xornada con actividades para todos e para todas. Como sempre, comezaremos ás 12:00 horas cunha cita para os máis novos da casa. Nesta ocasión, Ian&Elisa traénnos ao Centro Sociocultural de Zas o seu espectáculo “A maxia dos contos” co que pasaremos un anaco do máis entretido.

E xa pola tarde continuará o curso de iniciación ao baile tradicional, que imparte ao longo desta semana o grupo de baile Churía, e o obradoiro “Arte con fíos” impartido por Belén Sandía. Para os máis novos da casa haberá unha nova actividade coa que poñerán a súa imaxinación a voar. Será co obradoiro de “Complementos celtas”, dirixido a nenos e nenas de 4 a 12 anos. Aínda quedan prazas libres polo que os/as interesados/as poden anotarse no número de teléfono 981 751 398.

Ás 19:30 horas terá lugar no Centro Sociocultural de Zas o recital poético “Percorrendo vidas da Costa da Morte” que nos ofrecerán Zaira Corzón, Antía Ulloa e David Facal. E xa un pouco máis tarde, ás 21:30 horas, trasladámonos ao Auditorio do Concello onde o grupo Malasombra nos interpretará a obra de teatro “Bernarda”.

Todas as actividades son de balde.

Novas relacionadas

Compartir: