Praza do Campo, 1. 15850. Zas. A Coruña.
+(34) 981 70 83 03
12-07-2019
O Campo Municipal San Andrés e a Piscina Municipal de Zas xa están preparados para acoller mañá a tradicional Festa Infantil que, como todos os anos, se inclúe na programación de verán artellada polo Concello de Zas.
Inchables, tobogáns acuáticos, un touro mecánico, a festa da escuma e unha merenda a base de flocos de millo son os ingredintes esenciais deste encontro que comeza ás 16:00 horas e que se prolongará ata as 20:00 horas.
A entrada é de balde para todos e todas e tan só é necesario traer roupa de baño e chanclas para poder desfrutar da piscina.