Máis de 250 persoas participan no I Trail-Andaina Nocturno Cova do Lobo

17-08-2018

 

Máis de 250 persoas participarán mañá no I Trail Nocturno Cova do Lobo organizado polo Concello de Zas e a Asociación Deportiva Monte Brondo. O evento consta de tres probas (pequetrail, andaina e trail) e a través das cales os participantes poderán desfrutar dunhas espectaculares vistas nocturnas despois de coroar montes como o Pión e o Montebrondo.

A primeira das probas será o Pequetrail no que participarán nenos e nenas que se dividirán en dúas categorías; A (de 5 a 10 anos) e B (de 11 a 15 anos). O percorrido é de 500 metros para os máis novos e 1,5 quilómetoros para os de maior idade. A saída é ás 20:00 horas (para a categoría A) e ás 20:30 horas (categoría B) dende a Carballeira de Zas e ambos casos a recollida de dorsais é ás 19:30 horas ao lado do punto de saída.

Un pouco máis tarde, ás 21:30 horas, sairán dende a praza do Concello de Zas os participantes no trail; unha proba de 14,5 quilómetros que discorre por distintos sendeiros do municipio. E a continuación, ás 21:40 horas, sairán os máis participantes na andaina nocturna – a proba con maior participación - que camiñarán un dez quilómetros por distintos camiños do municipio.

Novas relacionadas

Compartir: