O Centro Sociocultural de Baio acolle unha nova sesión do foro de diagnose "Compartimos Plan"
09-07-2018
O Centro Sociocultural de Baio acolle o próximo venres, 13 de xullo, un foro de diagnose que se enmarca dentro do proxecto "Compartirmos plan" a través do cal a Deputación da Coruña fai unha análise da realidad en materia de igualdade.
Neste foro de diagnose, que comeza ás 12:25 horas, poden participar todas aquelas persoas e entidades interesadas na materia coa finalidade de realizar unha diagnose das políticas de igualdade entre mulleres e homes e tamén de prevención da violencia de xénero establecendo liñas de actuación a nivel provincial.
Para participar no foro é necesario anotarse previamente no seguinte formulación de inscrición (https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSdHADqJJSpZnCAcg-RRDG3L9ScghbE_wsk5xpTg8eDa_tMUag/formResponse), a través da páxina web www.compartimosplan.com ou chamando ao número de teléfono 981 708 303 (Centro de Información á Muller).