Participa na elaboración do plan de acción das políticias de promoción de igualdade entre homes e mulleres na provincia da Coruña
26-01-2018
Compartimos plan é un proxecto impulsado pola Área de Benestar Social, Educación e Políticas de Igualdade de Xénero da Deputación da Coruña para a elaboración dunha diagnose e plan de acción das políticas de igualdade de xénero e loita contra a violencia de xénero na provincia da Coruña.
A participación dos veciños é imprescindible e por iso, desde a Concellería de Igualdade do Concello animámosvos a cubrir os formularios que atoparedes a continuación. Hai un específico para a poboación en xeral e outro para entidades e asociacións.
Poboación Xeral
Co obxectivo de medir a percepción e ideas que ten a poboación sobre a igualdade entre mulleres e homes e sobre a violencia de xénero, este cuestionario pode difundirse entre todo o persoal que traballa no Concello, máis persoas que traballen en centros educativos, centros de saúde, corpos e forzas de seguridade, así como persoas que formen parte de asociacións e persoas que teñan interese na materia.
Acceso ao cuestionario para a poboación xeral.
Entidades e Asociacións
A finalidade é coñecer que accións e actividades desenvolven as diferentes asociacións do municipio, nomeadamente aquelas que traballan en prol da igualdade de oportunidades entre mulleres e homes.
Acceso ao cuestionario para entidades e asociacións.
Estes cuestionarios estarán operativos ata o 16 de febreiro de 2018.
Para aclarar calquera dúbida ou realizar calquera suxestión podedes contactar a través do correo info@compartimosplan.com, ou a través do teléfono 608 201 251.