O Concello de Zas realiza distintas obras de mellora nos campos de fútbol municipais
18-01-2022
Ainda que estamos nunha tempada futboleira totalmente atípica motivada pola sexta onda da Covid19, o Concello de Zas vén de rematar os distintos traballos de mellora realizados nos dous campos de fútbol municipais. A continuación detallamos as tarefas realizadas en ambas instalacións e das que se encargaron a brigada de obras do Concello de Zas.
- Instalación de redes protectoras detrás das portarías
- Limpeza e reparación das canaletas perimetrais do campo de xogo
- Pintado da estructura e das paredes da cantina
A maiores, no Campo Municipal Platas Reinoso de Baio colocouse céspede artificial dende o terreo de xogo ata os accesos aos vestiarios e instaláronse uns paneis cortaventos que protexen a zona da cantina. Mentras que no Campo de Fútbol Municipal San Andrés de Zas aproveitouse para pintar os muros e realizar a poda das árbores máis próximas ás instalacións.
O Alcalde de Zas, Manuel Muíño Espasandín, achegouse ata as instalacións deportivas para comprobar as actuacións levadas a cabo coas que dan resposta ás peticións dos xogadores e do equipo directivo do CD Concello de Zas, CD Baio e do Sporting Zas.