O Concello de Zas pon a punto os campos de futbol municipais para o comezo da tempada

03-09-2021

Parte da brigada obras do Concello de Zas levou a cabo estes días diferentes traballos de mantemento nos dous campos de fútbol municipais de cara ao inicio da nova tempada 2021-2022.

As tarefas centráronse principalmente na limpeza dos terreos de xogo, no acondicionamento do perímetro do campos, na revisión das canaletas, xuntas e riegos de auga, cambio de redes, pintado de muros e diversas reparacións na iluminación e nos equipos de son.  

Despois de máis dun ano de parón debido á situación sanitaria provocada pola Covid19, esta domingo ás 18:30 horas disputase no Campo Municipal Platas Reinoso un partido amistoso entre o CD Baio e o Flavia SD.

 

Compartir: