Aberta a convocatoria para as dúas liñas de axudas dirixidas ás persoas autónomas

03-01-2022

 

A Xunta de Galicia publicou o pasado 30 de decembro de 2021 no DOG as dúas liñas de axudas coas que pretende impulsar e favorecer a competitividade das persoas autónomas. Unha das axudas é o coñecido Bono Autónomo co que a administración autonómica pretende consolidar ata 3.200 negocios con traxectoria de traballadores por conta propia con axudas de ata 3.000 euros. Mentras que a outra liña de axudas ten como obxectivo a promoción do emprego autónomo a través se outorgarán apoios económicos de ata 10.000 euros para altas neste réxime.

Nas seguintes ligazóns podes ampliar información sobre estas dúas liñas de axudas para persoas autónomas: 

 

 

 

Tamén podes ter máis información na Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local do Concello de Zas (981 70 83 03)

 

Compartir: