O Concello de Zas reparte 29.000 euros en bolsas de estudos para o alumnado empadroado no municipio
08-01-2021
O Concello de Zas iniciou o procedemento para o abono das Bolsas de Estudo para o curso 2020-2021. En total concedéronse 147 axudas que se repartirán entre o alumnado empadroado no noso municipio e que actualmente estean matriculados nalgunhas das seguintes ensinanzas: primaria, ESO, Bacharelato, Ciclo Fomativo, Grao Medio e Grao Superior.
O Concello de Zas destina uns 29.000 euros correspondentes ao Orzamento de Gastos para o ano 2020. O importe das bolsas oscila entre os 120€ e os 360€ en función dos estudos que se realicen e para adxudicarse as axudas tivéronse en conta unha serie baremos, tales como a situación económica-familiar, o número de membros que integran a unidade familiar e os méritos académicos do alumno/a. O reparto fíxose da seguinte maneira:
• 32 bolsas para estudantes de grao medio ou superior, cun importe de 360 euros cada unha
• 40 bolsas para estudantes de bacharelato ou ciclos superiores, cun importe de 180€ cada unha
• 42 bolsas para estudantes da ESO ou ciclo medio, cun importe de 150€ cada unha
• 33 bolsas para esutantes de Primaria, cun importe de 120€ cada unha
Hai máis de dez anos que o grupo de goberno municipal puxo en marcha esta iniciativa coa que segundo destaca o Alcalde de Zas, Manuel Muíño, se pretende contribuír á integración socio-laboral das familias con menores recursos do noso municipio.
Na seguinte ligazón podes consultar a listaxe definitiva de alumnos/as admitidos e excluídos da presente convocatoria.