Avelino González traénos os seus “Contos que foron chistes” ás Torres do Allo
06-07-2021
O humor será a base do espectáculo que nos ofrecerá este domingo, 11 de xullo, a partir das 20:30 horas o monologuista Avelino González. Baixo o título “Contos que foron chistes” arracaranos unhas risas e convidaranos á reflexión con historias doutras épocas.
Esta é unha actuación aberta a todos os públicos e para asistir é necesario reservar praza previamente en calquera dos Centros Socioculturais municipais ou a través dos números de teléfono 981 751 398 / 981 718 056 (en horario de luns a venres de 09:00 a 14:00 horas).
Un pouco antes desta actuación, ás 19:30 horas, temos unha nova sesión das visitas teatralizadas. Francisca Riobóo Álvarez e Víctor López Seoane - interpretados por Os Quinquilláns, farannos un percorrido polo pazo máis antigo de Galicia. Tamén é necesario anotarse antes da función a través do endezo electrónico info@torresdoallo.gal ou no propio pazo.
Animación de rúa en Baio
Coincidindo coa celebración das festas de San Cristobo, o sábado 10 de xullo o grupo Troula animarán a partir das 20:00 horas as rúas de Baio co seu espectáculo “O estrano caso do dentista da rúa Brasov”.
Estas actividades inclúense na programación “Verán Cultural”, organizada polo Concello de Zas a través das Concellarías de Cultura e Deportes.