Publicadas as bases para a contratación de catro operarios para o mantemento, limpeza e vixilancia das piscinas municipais
15-06-2021
O tablón de anuncios da Sede Electrónica do Concello de Zas recolle as bases para a contratación de 4 prazas de operarios para o mantemento, limpeza e vixilancia das piscinas municipais de Zas e Baio.
As persoas seleccionadas contrataranse durante os meses de xullo e agosto - con posibilidade de ampliarse ata o 15 de setembro en función da climatoloxía - cun contrato baixo a modalidade de obra ou servizo durante e de 20 horas semanais. Entre as funcións que desempeñarán as persoas contratadas están: coidar que o comportamento dos bañistas se axuste ao disposto na normativa vixente e ao regulamento da instalación, realizar o mantemento e o control químico da auga, manter limpa a piscina, o recinto e as súas instalacións, rexistrar as anotacións e o control oportuno nos libros de rexistro, entre outras.
Os/as interesados/as en participar teñen un prazo de catro días hábiles a contar a partir de mañá, mércores, para presentar as súas instancias. A selección realizarase mediante o procedemento de concurso-oposición.
As bases e a documentación a presentar poden consultarse a través da seguinte ligazón:
https://sede.concellodezas.org/opencms/gl/informacion/tablon/2021/ANUNCIO_PROG_2021
0615093020538.html