O Concello de Zas selecciona dous socorristas para as piscinas municipais de Zas e de Baio
14-06-2021
O Concello de Zas vén de dar a coñecer as bases para a contratación laboral con carácter temporal de dous socorristas acuáticos para as piscinas municipais de Zas e de Baio.
A modalidade do contrato será por obra ou servizo, a xornada completa e será durante os meses de xullo e agosto, con posibilidade de ampliarse o contrato ata o 15 de setembro en función da climatoloxía. As funcións das persoas contratadas serán as propias de seguridade, salvamentos acuático e ad e velar polo uso axeitado das piscinas.
As persoas interesadas poderán consultar as bases desta oferta de emprego no taboleiro de anuncios da Sede Electrónica do Concello de Zas a través da seguinte ligazón: https://sede.concellodezas.org/opencms/es/informacion/tablon/2021/ANUNCIO_PROG_20210614100000135.html
Entre os requisitos para acceder a estes postos de traballo están: ter cumpridos os dezaseis anos de idade, poseer a capacidade funcional para o desempeño das tarefas, estar inscrito/a no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos da Comunidade Autónoma de Galicia, ou no seu defecto, ter presentada a solicitude no citado rexistro, acreditar o coñecemento da lingua galega conforme á normativa Vixente (CELGA 3), entre outros que se detallan nas bases.
Os/as interesados/as en participar no proceso de selección teñen un prazo de catro días hábiles, dende mañá martes ata o venres, para presentar o modelo do Anexo I das bases ben no Rexistro do Concello ou a través do fax ou correo electrónico, tal e como se detalla na convocatoria.