Anuncio requerimento de documentación PEL-REACTIVA

23-12-2020

 

O Concello de Zas vén de publicar na súa Sede Electrónica o anuncio de requerimento de documentación das axudas do programa PEL Reactiva 2020, cofinanciado pola Deputación da Coruña, que ten como finalidade impulsar a actividade económica e o emprego entre os/as autónomos/as e microempresas do noso municipio afectadas pola Covid-19 financiando unha parte dos seus gastos correntes. 

Os expedientes aos que se lle require documentación dispoñen dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte á publicación deste requerimento para aportar a documentación esixida. O anuncio publicase con data do 23 de decembro de 2020.

A documentación presentarase pola sede electrónica municipal, indicando o número de Expediente referido á subvención PEL-REACTIVA.

 

Ligazóns

Novas relacionadas

Compartir: