Listaxe provisional de admitidos e excluidos das Bolsas de Estudos 2020/2021
15-12-2020
Xa está publicada na Sede Electrónica do Concello de Zas a relación provisional de admitidos e excluidos das Bolsas de estudo para o curso 2020-2021.
Os solicitantes excluídos dispoñen dun prazo de 2 días hábiles (mércores 16 de decembro e xoves 17 de decembro) contados a partir da publicación desta Resolución no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Zas e no Taboleiro de edictos do Concello, para emendar as faltas ou achegar os documentos preceptivos que motivasen a súa non admisión.
O Concello de Zas destina un total de 29.100 euros a estas bolsas de estudo co fin de fomentar a educación entre o alumnado empadroado no noso municipio. As bolsas adxudicanse en función dunha serie de baremos; tales como a situación económica-familiar, o número de membros que integran a unidade familiar e os méritos académicos do alumno/a. O crédito repartirase en 180 bolsas e o importe das mesmas pode ir dende os 120€ ata os 360€ en función dos estudos que se realicen.