Aberto ata o 9 de decembro o prazo de solicitude das bolsas de estudo convocadas polo Concello de Zas

19-11-2020

 

Dende mañá e ata o vindeiro 9 de decembro está aberto o prazo de solicitude das Bolsas de Estudo para o curso 2020-2021 convocadas polo Concello de Zas e coas que se pretende fomentar a educación entre o alumnado empadroado no noso municipio. En total, o Concello de Zas destina 29.100 euros correspondentes ao Orzamento de Gastos para o ano 2020.

Poderán acceder ás axudas os alumnos e alumnas empadroados no Concello de Zas e escolarizados en calquera dos seguintes cursos:

  • Ensinanza primaria
  • ESO, Bacharelato e ciclos formativos (medios e superiores)
  • Estudos de Grao Medio e Superior

As bolsas adxudicaranse en función dunha serie de baremos; tales como a situación económica-familiar, o número de membros que integran a unidade familiar e os méritos académicos do alumno/a. O crédito repartirase en 180 bolsas e o importe das mesmas pode ir dende os 120€ ata os 360€ en función dos estudos que se realicen.  As axudas son compatibles con calquera outra que perciban polo mesmo concepto. 

Esta é unha iniciativa posta en marcha hai máis de dez anos polo grupo goberno municipal, encabezado por Manuel Muíño, e que se fai co propósito de contribuír á integración socio-laboral das familias con menores recursos do noso municipio. 

Presentación das solicitudes

As solicitudes poderán realizarse ata o vindeiro 9 de decembro e tramitaranse preferiblemente a través da Sede Electrónica do Concello de Zas (https://sede.concellodezas.org). No caso de non poder facelo por esta vía é necesario acudir ao Concello de Zas pedindo cita previamente no número de teléfono 981 70 83 03.  

As bases completas da convocatoria poden consultarse a través da seguinte ligazón: https://sede.concellodezas.org/opencms/es/informacion/tablon/Noticia_Secretaria_020.html

 

Compartir: