O Concello de Zas pon a punto a praia fluvial e a área recreativa de Carreira
04-06-2020
O Concello de Zas vén de poñer a punto a praia fluvial e a área recreativa de Carreira de cara á nova tempada de verán. Os traballos realizados, tanto de forma mecánica como manual, centráronse na retirada de residuos, en cortar o céspede e no acondicionamento da area.
Dende a entrada en vigor da Fase 2 do Plan de Desescalada, permítese o acceso a praias e outros espazos naturais mantendo a distancia social e garantíndose as máximas condicións hixiénicas e sanitarias para evitar a propagación do Covid-19.
Limpeza e desinfección de beirarrúas
Nesta mesma liña, o Concello de Zas vén de poñer en marcha unha campaña de hixienización e desinfección de beirarrúas e espazos públicos dos diferentes núcleos do noso municipio. Os traballos, que os desenvolven usuarios da Asociación Aspaber, comezaron estes días en Baio e unha vez que se rematen aquí extenderanse ao resto do concello.
Para estas tarefas emprégase un limpador orgánico totalmente respectuoso co medio ambiente. A composición deste produto natural é a base de ácidos orgánicos débiles e biodegradables que desinfectan e acaban coas malas herbas.
O Alcalde de Zas, Manuel Muíño, e o Tenente de Alcalde, Óscar Lema, supervisaron estes días os traballos realizados.
Ao final desta nova, podes ver as imaxes dos distintos traballos que se están a realizar