Cancelada a Festa da Carballeira de Baio
10-06-2020
O Concello de Zas, nun exercicio de responsabilidade pola situación que vivimos a causa da pandemia do Covid-19, decidiu cancelar a Festa da Carballeira de Baio prevista para o último domingo do mes de xuño.
O Alcalde de Zas, Manuel Muíño, sinala o complicado que resulta organizar este tipo de eventos no seu formato habitual cumprindo as limitacións establecidas polo Goberno Central e garantindo as medidas de control sanitario entre todos os asistentes.
Dende os últimos anos, o Concello de Zas é o organizador desta festa popular en colaboración coa Asociación Cultural Adro e coa Comisión de Festas de Baio. Esta sería a 40ª edición deste encontro interxeracional que ten lugar nunha contorna natural única como é a Carballeira de Baio. Dende o Goberno Municipal indican que este é un espazo aberto a toda veciñanza e do que se pode desfrutar con responsabilidade social calquera día do ano.