Manifesto 8 de marzo 2022
O día 8 de marzo celébrase o día internacional da muller. Con ocasión de dita celebración, coma todos os anos, realizamos unha reivindicación a prol dunha igualdade real e efectiva da muller, que si ben é unha labor a realizar tódolos días do ano, se visibiliza neste día a través de distintos actos por parte de diversas institucións e polas distintas mulleres e homes que loitan para alcanzar este dereito.
Este ano ímonos centrar na reforma laboral do 2021 e analizar si esta reforma ten unha repercusión directa sobre as mulleres.
Así, a finalidade desta reforma é a redución da temporalidade e precariedade laboral que é un mal que afecta á toda sociedade do país pero que afecta de forma especial ás mulleres, sobre todo ás nais traballadoras xa que en moitos casos tras a maternidade están un período de tempo sen traballar para atender ós coidados dos menores e cando se reincorporan ó mercado laboral fanno con contratos a tempo parcial para a conciliación da vida persoal, familiar e laboral.
A reforma laboral trata de implementar con carácter xeral o contrato indefinido para ter unha maior estabilidade, eliminando o contrato de obra e servizo determinado e limitando os contratos eventuais a determinadas causas. Si ben esta medida non é exclusiva para as mulleres si debemos ter en conta que moitas mulleres teñen unha situación de precariedade laboral e que desta forma pode reducirse esta situación.
Asemade, redúcese o tempo polo cal debe considerarse a unha persoa como indefinida, pasando a considerarse como indefinido ás persoas traballadoras que nun período de 24 meses estiveran contratadas durante un prazo superior a 18 meses.
Tamén se crea a obriga para a empresa de informar ás persoas con contratos de duración determinada ou temporais da existencia de postos de traballo vacantes, a fin de garantirlles as mesmas oportunidades de acceder a postos permanentes.
Estas medidas poden ter unha incidencia directa nas mulleres debido a que en moitos casos a súa situación laboral é temporal e inestable, tratando de reducir esta situación.
Sen embargo, estas medidas resultan insuficientes especialmente para as nais traballadoras que como norma xeral son quen solicitan as reducións de xornadas e outras medidas para a conciliación.
Por iso debemos continuar reivindicando unha igualdade real e efectiva a fin de que se tome conciencia de que o traballo e a conciliación persoal, laboral e familiar é tanto das nais como dos pais, quen teñen que adaptarse por igual no coidado dos menores.
Dende o Concello de Zas poñemos á disposición das mulleres o Centro de Información ás Mulleres, atendido por profesionais especializadas en igualdade de oportunidades y en violencia de xénero e que ten coma unha das funcións, entre outras, o asesoramento xurídico laboral ás mulleres.
En Zas a 8 de marzo de 2022