Programa de cooperación social
A través do fomento da cooperación pretende o Concello de Zas potenciar a participación de persoas e grupos na vida comunitaria fomentando a iniciativa social, a solidariedade, o asociacionismo, así como favorecer a toma de conciencia dos cidadáns sobre os seus problemas.
Xa son varios os anos en que o Concello colabora coa asociación
NERIA.
Concretamente para este ano preténdese colaborar con ela para o desenvolvemento do programa de prevención e reinserción de drogodependencias.