Axuda extraordinaria para as persoas traballadoras afectadas por un expediente de regulación temporal de emprego como consecuencia da crise derivada da COVID-19 (código de procedemento TR820G).

Axuda extraordinaria para as persoas traballadoras afectadas por un expediente de regulación temporal de emprego como consecuencia da crise derivada da COVID-19 (código de procedemento TR820G).  


Requisitos das persoas beneficiarias Poderán ser beneficiarias destas axudas, nos termos recollidos na presente orde, as persoas que reúnan os seguinte requisitos: 

a) Persoas traballadoras por conta allea, incluídas as persoas traballadoras fixas descontinuas, ou socias traballadoras de sociedades laborais e de cooperativas de traballo asociado en centros de traballo situados na Comunidade Autónoma de Galicia que se viron afectadas por expedientes de regulación temporal de emprego a consecuencia da COVID-19.  

b) Que se encontren incluídas nun ERTE no período temporal do 14 de marzo de 2020 ao 31 de xullo de 2021, ambos inclusive, polo menos 12 meses, aínda que sexa de maneira interrompida.  

c) Que o importe da totalidade dos rendementos declarados durante o período impositivo 2020 no imposto sobre a renda das persoas físicas non excedese 14.000 euros.  

Contía da axuda: A contía da subvención consistirá nunha axuda de 500 euros por persoa beneficiaria, ata esgotar os fondos habilitados no orzamento previsto para este fin.   

Procedemento de concesión da axuda O procedemento de concesión das subvencións reguladas na presente orde será o de concorrencia competitiva. 

Prazo de presentación das solicitudes: Ata 23/10/2021   

Máis información no seguinte enlace: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210923/AnuncioG0599-140921-0004_gl.pdf

Compartir: