Bolsa de emprego

O obxectivo da creación desta bolsa de emprego é a mediación laboral entre as empresas e os traballadores a través da xestión das ofertas de emprego que se presenten.

Este servizo ponse a disposición tanto das empresas como dos demandantes de emprego que o soliciten.

A inscrición na bolsa de emprego formalízase mediante a elaboración do currículum vitae por parte da persoa demandante de emprego, que deberá traer toda a documentación que garantice a veracidade dos datos que se introduzan.

Cando un empresario oferte un posto de traballo, presentaráselle unha listaxe das persoas demandantes que se axusten ao perfil que se busca.

En todo caso será sempre a empresa a que seleccione ao candidato máis idóneo.

Ademais as persoas que se inscriban nesta bolsa serán informadas permanentemente de actividades de formación que se desenvolvan no ámbito do Concello de Zas.
Compartir: