TR341D - Programa I: promoción do emprego autónomo - FSE 2021

  • Data de publicación: 04/08/2021
  • Data inicio de solicitude: 05/08/2021
  • Data remate solicitude: 30/09/2021

Obxecto
A publicación deste programa é establecer as bases e convocar a axuda económica a aquelas persoas desempregadas que pretendan desenvolver a
súa actividade empresarial ou profesional en Galicia como traballadoras
autónomas ou por conta propia, para facer fronte aos distintos gastos xerados
no comezo da súa actividade laboral.

Características da axuda


Co obxecto de axudar ás persoas desempregadas ao inicio e ao mantemento
do emprego como persoa traballadora autónoma e deste xeito facilitarlle
ingresos durante o inicio da súa actividade laboral, establécese para todas
aquelas persoas que teñan a condición de beneficiarias de acordo co
establecido no artigo 20, segundo a súa situación no momento de inicio da
actividade laboral, unha subvención segundo o método de custos simplificados
asociado á operación coas seguintes contías:


a) 2.000 € para persoas desempregadas en xeral.


b) 4.000 € para o caso de persoas desempregadas que se atopen nalgún dos
seguintes colectivos, que non serán acumulables:


– Persoas menores de 30 anos.
– Persoas desempregadas de longa duración.
– Persoas desempregadas con discapacidade.
– Persoas desempregadas que se atopen en situación ou risco de
exclusión social.


A contía base correspondente incrementarase nun 25 % nos seguintes casos:


a) Se a persoa incorporada é unha muller.


b) No caso de que o centro de traballo (ou domicilio fiscal, no caso de
carecer deste) da persoa autónoma estea situado nun concello rural.


c) Persoas maiores de 45 anos.


d) Se a persoa incorporada é unha persoa emigrante retornada.


e) Persoas trans.


f) Profesións e oficios nos cales a muller estea subrepresentada, segundo
informe do Instituto Galego das Cualificacións, que se reflicte na lista que
figura no anexo III.


Estes seis incrementos son acumulables e deste xeito a contía máxima posible,
de aplicárense todos os incrementos, sería de 10.000 €.


Persoas beneficiarias


Serán beneficiarias aquelas persoas que causen alta no réxime especial de
autónomos ou en calquera outro réxime especial por conta propia da
Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional entre o 1 de
outubro de 2020 e o 30 de setembro de 2021, ambos inclusive, como titulares
ou cotitulares do negocio ou explotación, sempre que cumpran co resto de
condicións establecidas no artigo 20 da convocatoria.

Compartir: