Axudas da Xunta de Galicia para autónomos/as e pemes

 

III Plan de Rescate da Xunta de Galicia

 

A Consellería de Emprego e Igualdade, da Xunta de Galicia, convoca o III Plan de rescate de persoas traballadoras autónomoas, profesionais e empresas particularmente afectadas pola crise da COVID 19 mediante axudas directas para o paóio aá solvencia e reducción do endebedamento do sector privado:

Programa I - de apoio ás persoas traballadoras autónomas en réxime de estimación obxectiva - TR600A

Programa II - de apoio ás persoas traballadoras autónomas individuais e persoas traballadoras autónomas ou empresas con ata 10 persoas traballadoras, ou de ata 25 persoas traballadoras cun volume de facturación de ata 2 millóns de euros - TR600B

Programa III - de apoio ás persoas traballadoras autónomas ou empresas con máis de 10 persoas traballadoras, e cun volume de facturación de máis de 2 millóns de euros, ou empresas de máis de 25 persoas traballadoras - TR600C

Máis información no seguintes enlaces: 
 
 
O prazo de solicitude será do 14 de xuño a 14 de xullo ambos inclusive

 

II Plan de Rescate da Xunta de Galicia

 

A Xunta de Galicia publica no DOG do 18 de febreiro a convocatoria de axudas do II Plan de Rescate que consta de dous programas. 

  • Programa I (TR500A) para o emprego autónomo
  • Programa II (TR500B) para persoas autónomas con persoal contratado, microempresas e, excepcionalmente, pemes con ata 25 persoas traballadoras.

 

Está previsto que en próximas datas se publique unha nova axuda destinada especificamente ao sector da hostalería e a outros sectores obrigados ao peche

 

Máis información: 

oficinadoautonomo.gal

Teléfono: 900 815 600 (L-V de 8:00 a 18:00 horas)

 

DOG 18 de febreiro 2021: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210218/AnuncioG0599-170221-1_gl.pdf

 

 

 

 

Programa de rescate das persoas traballadoras autónomas afectadas pola crise da COVID-19 financiado con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020 e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento TR400A). DOG Nº  233, DE 18/11/20.

 

Persoas beneficiarias

  1. Poderán ser beneficiarias das axudas reguladas nesta orde todas as persoas traballadoras autónomas de alta no RETA ou no réxime de traballadores do mar como traballadores por conta propia e que teñan o domicilio fiscal en Galicia e que teñan recoñecida o cesamento ordinario ou extraordinario de actividade regulado no Real decreto lei 30/2020, do 29 de setembro, de medidas sociais en defensa do emprego (BOE núm. 259, do 30 de setembro).

 

  1. Para as axudas previstas no artigo 7.1.b), as persoas traballadoras autónomas que ademais de cumprir o requisito sinalado no parágrafo anterior deberán estar encadradas nos sectores cuxa actividade estivera especialmente paralizada. Entenderase como actividade especialmente paralizada: 
  1. En todo caso o lecer nocturno. 

b) Aquelas actividades económicas que se desenvolvan no ámbito das atraccións de feiras e que se trate de actividades nas cales non existe establecemento aberto ao público e que pertenzan aos seguintes CNAE: 4724, 4729, 4781, 4782, 4789, 5610, 5629, 5630 e 9200.

c) Os negocios encadrados nos seguintes 

CNAE 4932. Transporte por taxi.

 CNAE 5010. Transporte marítimo de pasaxeiros. 

CNAE 5030. Transporte de pasaxeiros por vías navegables interiores. 

CNAE 5621. Provisión de comidas preparadas para eventos. 

CNAE 5914. Actividades de exhibición cinematográfica. 

CNAE 7911. Actividades das axencias de viaxes. 

CNAE 7912. Actividades dos operadores turísticos. 

CNAE 7990. Outros servizos de reservas e actividades relacionadas cos eles.

CNAE 8230. Organización de convencións e feiras de mostras.

CNAE 9001. Artes escénicas.

CNAE 9002. Actividades auxiliares ás artes escénicas. 

CNAE 9004. Xestión de salas de espectáculos.

CNAE 9321. Actividades dos parques de atraccións e os parques temáticos. 

CNAE 9329. Outras actividades recreativas e de entretemento.

 

Axudas.

 As axudas serán:

 a) 1.200 € para as persoas traballadora autónoma que cumpran cos requisitos establecidos no artigo 6.1. 

b) 2.000 € para aquelas persoas traballadoras autónomas en sectores cuxa actividade estivera especialmente paralizada tal e como vén definido no artigo 

As axudas previstas de 1.200 € ou de 2.000 € non son acumulables.

 

Prazo de presentación de solicitudes: Ata o 18 de decembro

Procedemento de concesión, instrución e tramitación.

O procedemento de concesión das axudas e subvencións recollidas nesta orde é non competitivo.

Sendo unha convocatoria de subvencións en concorrencia non competitiva, as subvencións resolveranse por orde de rexistro de entrada das solicitudes presentadas

Máis información en:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20201118/AnuncioG0599-171120-0004_gl.pdf

 

 

TR341Q - Programa do bono das persoas autónomas - 2021

Data de publicación: 12/07/2021

Data inicio solicitude: 13/07/2021

Data fin solicitude: 12/08/2021

Obxecto

Esta orde ten por obxecto aprobar as bases reguladoras e a convocatoria pública das axudas do Programa do bono das persoas autónomas, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Características da axuda

Esta axuda poderase conceder para a mellora da competitividade da actividade empresarial ou profesional das persoas beneficiarias, mediante pagamento anticipado, unha subvención dun 80% da actividade que se subvencione cun límite máximo de 3.000 euros de axuda polo conxunto de actividades subvencionables, sendo o resto do gasto por conta da persoa beneficiaria.

Serán subvencionables as seguintes liñas de actuación:

Liña 1: Mellora da competitividade a través dos seguintes servizos 

  • Investigación de mercado
  • Plan de márketing
  • Plan de comunicación do negocio
  • Plan estratéxico do negocio
  • Plan crecemento: constitución sociedade
  • Plan de reorientación do negocio
  • Plan de transformación dixital
  • Plan de refinanciamento
  • Outros estudos e planes co fin de aumentar a competitividade
  • O cofinanciamento privado dos servizos contratados co IGAPE a través do programa Re-Acciona na súa convocatoria do 2021

Liña 2: Mellora da competitividade a través dos seguintes investimentos 

  • Compra de maquinaria
  • Compra de útiles e ferramentas
  • Reforma do local do negocio
  • Equipos informáticos
  • Rótulos
  • Aplicacións informáticas e páxinas web
  • Creación logotipo do negocio
  • Mobiliario

No caso de solicitar ambas liñas de axudas (as liñas 1 e 2 non son excluíntes nin entre elas nin entre os distintos servizos e investimentos que as configuran), atenderase en primeiro lugar a liña 1 e despois a liña 2 co límite máximo de 3.000 € de axuda polo conxunto de actividades subvencionables.

Persoas beneficiarias

Poderán ser beneficiarias das axudas reguladas nesta orde:

1. As persoas traballadoras autónomas que estean de alta no réxime especial de autónomos ou en mutualidade de colexio profesional, que teñan domicilio fiscal en Galicia, que teñan unha antigüidade na realización efectiva dunha actividade empresarial ou profesional de maneira ininterrompida na data da solicitude da axuda por un prazo superior a 42 meses e que teñan un rendemento neto reducido dos rendementos de actividades económicas declarados na declaración do IRPF anual inferior a 30.000 euros e unha facturación mínima anual de 12.000 euros, IVE incluído, na declaración referida ao ano 2020.

2. As sociedades de calquera clase e comunidades de bens con domicilio fiscal en Galicia e que cumpran os seguintes requisitos:

a) Que teñan unha persoa autónoma societaria cunha antigüidade na realización efectiva dunha actividade empresarial ou profesional de maneira ininterrompida na data da solicitude da axuda por un prazo superior a 42 meses.

b) Que a empresa teña unha facturación mínima anual de 12.000 euros, IVE incluído, na declaración referida ao ano 2020.

c) Que a empresa teña unha base impoñible no imposto de sociedades da declaración referida ao ano 2019 realizada inferior a 30.000 euros (segundo o recadro 552 do imposto do sociedades). No caso de entidades que tributen en réxime de atribución de rendas, este importe de 30.000 euros referirase ao rendemento neto reducido dos rendementos de actividades económicas declaradas no IRPF da suma de todos os membros da sociedade ou comunidade de bens.

DOGA 13/07/2021: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210712/AnuncioG0599-300621-0001_gl.pdf

 

 

 

 

Compartir: