O Concello de Zas organiza a V edición da Mostra de Teatro Afeccionado con 3.500 euros en premios

21-02-2020

 

Xa está aquí unha das citas anuais que non poden faltar na programación cultural do Concello de Zas. Trátase da Mostra de Teatro Afeccionado “Labarta Pose” que xa vai pola súa quinta edición e que ten como obxectivo fomentar a cultura no eido das artes escénicas e, en particular, no eido afeccionado.

No certame, no que poden participar todas as compañías e/ou grupos de teatro afeccionado de Galicia, repartiranse un total de 3.500 euros en premios que se distribuirán da seguinte forma: 

  • Premio á mellor obra elixida polo xurado: 900€, trofeo e diploma acreditativo
  • Premio á segunda mellor obra elixida polo xurado: 800€, trofeo e diploma acreditativo
  • Premio á terceira mellor obra elixida polo xurado: 700€, trofeo e diploma acreditativo
  • Premio á cuarta mellor obra elixida polo xurado: 500€, trofeo e diploma acreditativo
  • Premio á quinta mellor obra elixida polo xurado: 400€, trofeo e diploma acreditativo
  • Premio á mellor obra elixida polo público: 200€, trofeo e diploma acreditativo

O prazo de inscrición xa foi aberto coa publicación das bases do concurso no BOP - Boletín Oficial da Provincia - do pasado 19 de febreiro e prolongarase ate o 20 de marzo de 2020. Os participantes deberán enviar toda a documentación requerida en ditas bases e poderán presentar tantas obras como o desexen das cales só unha poderá ser finalista. Entre todas as obras de teatro que se presenten, un xurado composto por membros do Concello de Zas e do grupo de Teatro Badius seleccionará cinco obras finalistas. Os espectáculos que pasen á final representaranse os días 18 e 25 de abril, 2, 9 e 16 de maio distribuídos entre o Auditorio Municipal de Baio e o Auditorio Municipal de Zas. A entrega de premios terá lugar o 31 de maio a partir das 18:00 horas no Auditorio Municipal de Baio. 

Os/as interesados/as en participar poden consultar as bases e descargar os anexos a través da páxina web do Concello de Zas (na seguinte ligazón: ) ou contactar coa organización no enderezo mostrateatrozas@gmail.com. 

Descargas

Compartir: