VI CONCENTRACIÓN DE MOTOS CLÁSICAS

08-07-2010

O vindeiro 18 de xullo, a partir das 10:00h, na praza do concello de Zas, terá lugar a VI Concentración de Motos Clásicas.

Ás 10:00h iniciarase o punto de control da concentración para logo dar inicio á saída das motos, que realizarán o percorrido Zas-Santiago-Zas para logo rematar coa entrega de agasallos tralo xantar.

Todos aqueles interesados en participar nesta nova edición poderán inscribirse, ata o 15 de xullo, a través do 981 70 83 03
Compartir: