A Deputación da Coruña publica as bases das axudas PEL 2020 dirixidas ás pequenas e medianas empresas da provincia

21-02-2020

A Deputación da Coruña, no marco do Plan de Emprego Local, ven de convocar as axudas PEL 2020 coas seguintes liñas:

  • LIÑA PEL EMPRENDE INVESTIMENTO: Axudas para contribuir á consolidación e ao fortalecemento do tecido empresarial nos concellos da provincia da Coruña a través do apoio ao investimento en bens inventariables (Aberto o prazo de presentación de solicitudes dende o 20/02/2020). 
  • LIÑA PEL PEMES CREACIÓN E AMPLIACIÓN: Axudas á creación e ampliación do cadro de persoal de pequenas, medianas empresas e microempresas. (Aberto o prazo de presentación de solicitudes dende o 20/02/2020).  
  • LIÑA PEL PEMES MANTEMENTO: Axudas ao mantemento do cadro de persoal de pequenas, medianas empresas e microempresas. (Aberto o prazo de presentación de solicitudes dende o 21/02/2020). 

As bases das axudas PEL 2020 poden consultarse no Boletín Oficial da Provincia nº 29 de 12.02.2020 ou premendo na seguinte ligazón:

https://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2020/02/12/2020_0000000963.pdf.

As solicitudes presentaranse de xeito telemático, a través da aplicación SUBTeL, que se pode atopar na páxina web da Deputación da Coruña (www.dacoruna.gal), pechando o prazo de presentación ás 14.00 horas do 24 de marzo de 2020.

Compartir: