Continúa aberto o prazo para anotarse nos obradoiros infantís e no concurso de Entroido organizados polo Concello de Zas
21-02-2020
Xa metidos na conta atrás para o Entroido 2020 en Zas continúan abertos os prazos para anotarse nas diferentes actividades organizadas polo Concello de Zas.
Os días 24 e 25 de febreiro, coincidindo coas vacacións escolares, realizaremos os obradoiros infantís de Entroido nos Centros Socioculturais de Zas e de Baio. Os talleres serán entre as 11:00 e as 13:00 horas e están dirixidos a nenos e nenas de 4 a 12 anos. Para participar é necesario inscribirse previamente nos números de teléfono 981 751 398 / 981 718 056.
A outra actividade que completa o programa de actividades artellado polo Concello de Zas terá lugar o propio martes de Entroido (25 de febreiro) pola tarde. A partir das 16:00 horas comezarán as actividades no pavillón municipal de Zas con pintacaras, xogos e inchables para que os máis novos da casa desfruten desta gran festa. Un pouco máis tarde, a partir das 19:00 horas, comezarán o tradicional concurso de disfraces no que se repartirán centos de filloas á pedra entre todos os asistentes e un total de 1.170 euros en premios que se outorgarán en función da orixinalidade e a singularidade dos disfraces así como os materais para a elaboración, a confección e a posta en escena.
Os/as interesados/as en participar no concurso de disfraces deberán anotarse previamente nas dependencias municipais ou o propio día do concurso antes das 18:00 horas no pavillón municipal de Zas. En ambos casos é necesario entregar debidamente cumprimentado a Ficha de Inscrición que se pode descargar das Bases do Concurso a través do seguinte enlace: https://sede.concellodezas.org/opencms/export/sites/zas/recursos/downloads/Tablon/BASES-CONCURSO-DE-DISFRACES-entroido-2020.pdfhttps://sede.concellodezas.org/opencms/export/sites/zas/recursos/downloads/Tablon/BASES-CONCURSO-DE-DISFRACES-entroido-2020.pdf
Por un entroido en igualdade
Ademáis o Concello de Zas súmase á campaña “Por un entroido en igualdade” promovida pola área de Igualdade da Deputación da Coruña que ten como obxectivo loitar contra o machismo e as discriminacións nestas festas. A iniciativa consiste na difusión dun decálogo no que se recollen diferentes recomendacións tales como: descartar disfraces sexistas, librarse de estereotipos, propoñer a participación igualitaria e eliminar a linguaxe, entre outras.
DECÁLOGO POR UN ENTROIDO EN IGUALDADE
1. O Entroido é tempo de festa, propicio ao ao desenfreo, á diversión e á ledicia, mais NON TODO VALE. Temos a responsabilidade social de construírmos un mundo sen discriminacións.
2. Descarta para as túas fillas/os disfraces hipersexualizados. Os dirixidos ás nenas son unha forma de "violencia de xénero simbólica", cousifícaas e erotízaas como únicos valores ligados a elas, ao paso que os disfraces sexistas levados por homes ridiculizan e discriminan as mulleres.
3. Un bo disfrace ten de ser creativo, flexíbel, libre de estereotipos sexistas, seguro e adaptado a cada idade. Ofrece alternativas igualitarias na elección dos disfraces, promovendo non perpetuar a división sexual das profesións, que non ridiculice nin cousifique a imaxe da muller e que sexa respectuoso coa diversidade sexual, étnica etc.
4. Evita comprar disfraces en cuxo envoltorio aparecer a palabra sexy: é sexista e discriminatorio. Se detectares este tipo de publicidade, denúnciao a través do Observatorio da Publicidade Non Sexista da Xunta no enderezo igualdade@xunta.es ou ben telefona ao número gratuíto 900 400 273.
5. Nos centros escolares propón un mesmo disfrace para o alumnado, sen facer distincións por sexo.
6. Educa en igualdade desde a familia e todas e todos gozaremos dun Entroido libre de discriminacións e de violencia contra as mulleres
7. Non partilles ou toleres brincadeiras, imaxes ou comentarios sexistas, pois perpetúan os estereotipos de xénero e unha sociedade machista.
8. No Entroido, como no resto dos días do ano, NON é NON. Drogas e alcohol non son unha xustificación para as agresións. Se as presenciares, non as permitas. Rexéitaas e denúnciaas: podes chamar gratuitamente ao 016 ou ao 112.
9. Emprega unha linguaxe de xénero na túa comunicación oral e escrita, coida a selección musical que fixeres e procura que as imaxes que utilizares non sexan sexistas.
10. Se convocares concursos ou fas parte dunha comparsa ou agrupación, promove a participación igualitaria de mulleres e homes e non apoies a utilización de vestimenta, atrezo ou monicreques sexistas, ofensi