Un concurso de disfraces con case 1.200 euros en premios, obradoiros infantís, filloas á pedra e moito máis para celebrar o Entroido en Zas
11-02-2020
En Zas xa temos todo preparado para celebrar unha das festas máis tradicionais: o Entroido. E farémolo cun programa de actividades no que teñen cabida todos os públicos.
As actividades arracarán cos obradoiros infantís que se desenvolverán os días 24 e 25 de febreiro nos Centros Socioculturais de Zas e de Baio entre as 11:00 e as 13:00 horas. Os talleres, que son gratuítos, están dirixidos a nenos e nenas de 4 a 12 anos e para participar é necesario inscribirse previamente no número de teléfono 981 751 398 ou no 981 718 056.
A outra actividade que completa o programa de actividades artellado polo Concello de Zas terá lugar o propio martes de Entroido (25 de febreiro) pola tarde. A partir das 16:00 horas comezarán as actividades no pavillón municipal de Zas con pintacaras, xogos e inchables para que os máis novos da casa desfruten desta gran festa. Un pouco máis tarde, a partir das 19:00 horas, comezarán o tradicional concurso de disfraces no que se repartirán centos de filloas á pedra entre todos os asistentes e un total de 1.170 euros en premios que se distribuirán da seguinte maneira:
Categoría A (de 0 a 5 anos)
- 1º premio: 80€
- 2º premio: 60€
- 3º premio: 40€
Categoría B (de 6 a 14 anos)
- 1º premio: 80€
- 2º premio: 60€
- 3º premio: 40€
Categoría C (maiores de 15 anos)
- 1º premio: 150€
- 2º premio: 80€
- 3º premio: 50€
Categoría D (grupos ou comparsas)
- 1º premio: 200€
- 2º premio: 150€
- 3º premio: 100€
Tamén haberá un premio especial de 80€ para o mellor “Zaschoqueiro”. O xurado estará composto por membros do Concello de Zas e tres membros pertences a algunha das asociacións do municipio. Os premios outorgaranse en función da orixinalidade e a singularidade dos disfraces así como os materais para a elaboración, a confección e a posta en escena.
Os/as interesados/as en participar no concurso de disfraces deberán anotarse previamente nas dependencias municipais ou o propio día do concurso antes das 18:00 horas no pavillón municipal de Zas. En ambos casos é necesario entregar debidamente cumprimentado a Ficha de Inscrición que se pode descargar das Bases do Concurso publicadas no tablón de anuncios da Sede Electrónica do Concello de Zas e que podes consultar a través do seguinte enlace: https://sede.concellodezas.org/opencms/export/sites/zas/recursos/downloads/Tablon/BASES-CONCURSO-DE-DISFRACES-entroido-2020.pdf