A Xunta de Galicia activa dúas novas axudas para as persoas autónomas

06-02-2020

A Xunta de Galicia mantén o seu compromiso cos traballadores de Galicia e vén de abrir novas convocatorias de axudas valoradas en 24,5M€ para impulsar a creación de emprego autónomo e contribuír a que os traballadores por conta propia consoliden os seus negocios, faciliten a creación de novo emprego. 

 

Entre as iniciativas que se poñen en marcha por primeira vez destaca o Bono Nova Oportunidade, que conta cun orzamento dun millón de euros, e que permite aos autónomos recuperar iniciativas que non lograron saír adiante para continuar co emprendemento. Tamén se engade o Bono Renova, igualmente dotado cun millón de euros, que facilita a transmisión xeracional dos negocios. A isto hai que sumar o acordo de colaboración coa Fundación Ronsel cifrado en 250.000 euros, que permitirá desenvolver un proxecto piloto para mentoring de autónomos.

Deste xeito, o Bono Nova Oportunidade está destinado a persoas que estiveron dadas de alta como traballadores por conta propia, cesaron na súa actividade e recuperan un negocio. Concederanse 6000 euros para apoiar o emprendemento, por unha banda, e ata 6000 para formación e asesoramento, pola outra.

Por outra banda, o Bono Renova está concibido para o traspaso de negocios e o impulso á transmisión xeracional. Isto inclúe axudas tanto para a persoa que detivo a súa actividade, con apoios por 5000 euros, como para o emprendedor que a retoma, con apoios de asesoramento, formación, inicio de actividade e creación de emprego por un máximo de 29.000 euros.

A convocatoria con maiores recursos é a destinada ás axudas ao impulso do emprego autónomo e a consolidación do existente, con en 13,6M€, que prevé beneficiar a 4000 autónomos e 125 empresas. Para promover a creación de novas iniciativas empresariais, inclúense incentivos de 2000 euros para fomentar o inicio da actividade de autónomos, cunha contía duplicada ata os 4000 euros para os menores de 30 anos, os parados de longa duración e persoas con discapacidade ou en risco de exclusión social.

Esta mesma convocatoria recolle, así mesmo, axudas para que os autónomos poidan contratar indefinidamente a traballadores. Isto significa que a primeira persoa traballadora indefinida poderá contar con axudas desde os 4000 ata os 6500 euros, no caso dos parados de longa duración e persoas con diversidade funcional ou en risco de exclusión social. Para sumar a unha segunda ou terceira persoa traballadora indefinida, a axuda iría desde os 6500 ata un máximo de 9000 euros; isto inclúe, como novidade, o incremento da intensidade das axudas grazas a un novo bono formativo de 4000 euros por persoa contratada.

Tanto nas axudas para autónomos dados de alta como para os que ofrecen contratacións, o importe das axudas aumenta nun 25% nos seguintes casos: se a persoa incorporada é unha muller, se se trata dun emigrante retornado, unha persoa maior de 45 anos ou se o centro de traballo está situado nun concello rural. Deste xeito, os apoios poden ascender ata os 9000 euros para as persoas traballadoras por conta propia que comecen a súa actividade e, no caso das contratacións indefinidas, cunha contía máxima de 20.250 euros.

Bono Nova Oportunidade

Persoas beneficiarias

1.- Persoas que se den de alta no RETA ou en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional no período de 01/01/20 a 30/09/2020, e cesaran con anterioridade na súa actividade causando baixa na Seguridade Social e no IAE por causas económicas e que cumpran os segintes requisitos na data de solicitude ou data de inicio da actividade segundo modelo 036 ou 037 para persoa que xa se habían dado de alta antes da solicitude:

Que o cese da actividade se houbese producido con 6 meses de antelación polo menos.

Que cotizara anteriormente a esta nova alta ininterrumpidamente polo menos durante 6 meses no TRETA, en calqera réxime especial por conta propia da SS ou en mutualidade de colexio profesional.

Estar inscrito como demandante de emprego no SPE, na data de inicio da actividade laboral Darse de alta no RETA, entre o 01/01/2020 e 30/09/2020

Realizar unha formación de mínimo 70 horas sobre formación xerencial, xestión comercial ou financeira, márketingo dixital ou sobre materias que teñan relación directa co negocio a emprender e así o xustifique, que este finalizada no prazo de 3 meses antes da alta e ata o 31/10/2020.

Que a persoa desempregada teña domicilio fiscal en Galicia.

Tipo de axuda:

a) Bono apoio: Axuda de 6.000 euros, para persoas estiveran inscsritas como demandantes de emprego no SPE antes da data de solicitude ou da data de alta no RETA., ou caquera outro réxime especial por conta propia da SS ou en mutualidade de colexio profesional para persoas que se deran de alta antes da entrada en vigor desta orde.

b) Bono formación: Axuda de ata 6.000 euros para realizar un mínimo de 70 horas de formación nas seguintes materias: sobre formación xerencial, xestión comercial ou financeira, márketingo dixital ou sobre materias que teñas relación directa co negocio a emprender e así o xustifique. Esta formación poderá ser impartida por entidades públicas ou privadas e deberá estar rematada no prazo comprendido de 3 meses antes da ata o 31/10/2020.

O gasto orixinado deberase producir no período subvencionable, que será desde 3 meses antes da alta ata o 31/10/20, e deberá ser xustificado mediante certificado de asistencia e as facturas e documentos bancarios acreditativos do seu pago, con anterioridade á finalización do período de xustificación.

A axuda máxima todal entre os dous bonos será de 12.000 euros.

Prazo de solicitudes:

O prazo de presentación de solicitudes de axudas finalizará o 30 de setembro de 2020. A presentación da solicitude supón un compromiso de emprendemento e de formación polo menos de 70 horas.

 

Máis información no seguinte enlace: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200203/AnuncioG0424-140120-0004_es.pdf

Bono Renova

Persoas beneficiarias:

1. Serán persoas beneficiarias destas axudas a persoa traballadora autónoma que vai transmitir o seu negocio por cese, e que no momento da transmisión estea nalgunha das seguintes situacións no momento da transmisión do negocio:

a) Que teñan 60 anos ou máis.

b) Pola declaración de incapacidade total ou absoluta (incluíndo grande invalidez) recoñecida polos órganos competentes da seguridade social.

c) As persoas herdeiras no caso de falecemento da persoa traballadora autónoma titular do negocio. No caso das persoas traballadoras autónomas societarias para ser persoas beneficiarias desta axuda a transmisión das accións ou participacións da sociedade debe supoñer o control da sociedade por parte do adquirente, é dicir, posuír máis do cincuenta por cento das accións ou participacións da sociedade. No caso de transmisión do negocio por ter a persoa traballadora autónoma 60 anos ou máis, debe levar máis de 24 meses de alta no no Réxime especial de traballadores autónomos (RETA).

2. Tamén será beneficiaria da axuda a persoa que adquira o negocio e que estea dada de alta no Réxime especial de traballadores autónomos (RETA) tras a súa adquisición.

 Tipos de axuda :

  1. A persoa transmisora terá unha subvención de 5.000 € para compensar os gastos derivados do traspaso. No caso de que o negocio teña varios persoas donas a axuda consistirá no pagamento desa contía en proporción á súa participación
  2. A persoa adquirinte terá tres liñas de axudas:
  3. a) Bono asesoramento: A persoa adquirente terá unha axuda consistente no pagamento do 100 % cun límite de 3.000 € dos gastos de asesoramento realizados mediante un contrato
  4. b) Bono formación:a persoa beneficiaria recibirá unha axuda de ata 6.000 € para realizar formación nas seguintes materias: formación xerencial, xestión comercial ou financeira, marketing dixital ou sobre materias que teñan relación directa co negocio a emprender e así se xustifique.
  5. c) Bono Inicio de actividade, será unha subvención para os gastos de inicio de actividade que será dunha cantidade de 5.000 por negocio e terá un incremento de 3.000 por traballador por conta allea de alta na empresa no momento do traspaso e que se comprometa a manter durante un período mínimo de 2 anos. Este incremento será por un máximo de 5 traballadores, entre os que se incluirán as persoas que se dean de alta como traballadoras autónomas se fosen uns traballadores da empresa.

Prazo de solicitudes:

  • O prazo de presentación de solicitudes de axudas finalizará o 30 de setembro de 2020. 

Máis información no seguinte enlace: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200203/AnuncioG0424-140120-0006_gl.pdf

Compartir: