A Deputación da Coruña destina case tres millóns de euros á promoción do tecido cultural asociativo dos concellos

05-02-2020

 

Un total de 2.880.000 € é o orzamento que a área de Cultura da Deputación da Coruña destina nesta nova convocatoria a afortalar o tecido cultural asociativo dos concellos a través de seis liñas de concorrencia competitiva as entidades poderán presentar as súas propostas.
Promocionar a cultura en todo o territorio, afortalar as entidades que traballan desde a base, apoiar os investimentos das asociacións ou contribuír á formación e difusión cultural son algúns dos obxectivos das seis liñas de concorrencia competitiva que convoca a área de Cultura da Deputación da Coruña e ás que lles dedica case tres millóns de euros, en total, 2.880.000 €.
"Debuxan un mapa de liñas de axuda que quere responder ás necesidades e urxencias do tecido asociativo e tamén consolidar e apoiar o seu traballo, tan importante para a difusión e promoción da nosa cultura", sinala o deputado da área de Cultura, Xurxo Souto.

Das seis liñas de axuda, dúas delas van destinadas ás asociacións culturais, unha para a realización de actividades, que se apoia cunha partida de 950.000 €, e outra para investimentos, cunha convocatoria dotada con 300.000 €. As entidades poderán recibir en cada unha das liñas até 30.000 € se son culturas, 20.000€ se son sociais ou asistenciais e 10.000 € se son veciñais ou socieducativas.

As corais polifónicas, bandas de música populares, entidades de música e baile tradicional galego e formacións musicais de grande formato son as beneficiarias doutras dúas convocatorias da área de Cultura da Deputación da Coruña, tamén para o desenvolvemento de actividades do ano e para investimento, cun orzamento de 480.000 € e 200.000 €. "Con estas dúas convocatorias queremos destacar o importantísimo papel que estas agrupacións teñen e contribuír á posta en valor, recuperación e promoción da nosa cultura popular e tradicional", afirma Xurxo Couto.

Entre as actividades que se apoian están as de carácter formativo, de documentación, investigación recuperación e difusión, produción de espectáculos, libros ou exposicións ou organización de encontros arredor da cultura tradicional e popular en actividades mentres que na liña de investimentos subvenciónase a adquisición de equipamento e moblaxe, as reformas e melloras de inmobles de titularidade das entidades ou a compra de materiais de uso técnico e artístico como vestiario, instrumentos u partituras.

Fundacións e festivais
Completan a oferta de liñas de axuda da Deputación da Coruña para o tecido cultural dúas convocatorias encamiñadas a apoiar a realización de festivais e a fundacións e entidades titulares de museos, centros de interpretacións ou bibliotecas. Para festivais audiovisuais, musicais e de artes escénicas organizados por entidades, a área de Cultura achega neste ano un total de 500.000 euros que, sumando ao que destina a estes eventos promovidos por concellos, volve superar o millón de euros que a sitúan na que máis apoio presta ao que considera verdadeiras plataformas culturais en todo o territorio.
Nesta edición, as entidades poderán recibira un mínimo de 7.500 € e un máximo de 60.000 € nunha convocatoria que apoia a través dos seus requisitos a programación de producións galegas, compañías que empreguen a nosa lingua e artistas que utilicen o galego nas súas cancións. "Para nós é fundamental que os festivais signifiquen un apoio decidido á difusión da cultura galega e na nosa lingua e, por iso, é un dos requisitos que existen en todas as modalidades, que contribúan tamén á normalización do noso idioma e á promoción da nosa cultura", explica o responsábel de Cultura da Deputación da Coruña.

Finalmente, a Deputación convoca tamén unha liña destinada a fundacións e entidades privadas sen fins de lucro titulares de museos, centros de interpretación ou bibliotecas para as súas actividades culturais durante o ano, liña dotada con 450.000 € que se repartirán en achegas de até 30.000 €.
Entre as finalidades desta liña atópase impulsar a accesibilidade, apoiar a diversidade cultura e lingüística, promover a inclusión, fomentar os proxectos de creación contemporánea en torno ao patrimonio cultural, situar os museos, centros de interpretación, bibliotecas e fundacións como institucións relevantes no turismo cultural, sensibilizar arredor do patrimonio cultural, impulsar o coñecemento do patrimonio histórico-cultural dos concellos ou fomentar o coñecemento dos fitos e dos avances sociais relevantes da nosa historia. 

Programas

Entre os programas figuran os seguintes:

- Programa de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para realizar actividades culturais durante o ano 2020. Máis información no seguinte enclace: https://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2020/02/04/2020_0000000753.pdf

- Programa de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para realizar investimentos culturais durante o ano 2020. Máis información no seguinte enlace: https://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2020/02/04/2020_0000000755.pdf

- Programa dirixido a entidades sen ánimo de lucro para a realización de actividades de promoción económica durante o ano 2020. Máis información no seguinte enlace: https://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2020/02/03/2020_0000000715.pdf

- Programa FOENIA 2020, dirixido a entidades sen ánimo de lucro da pronvincia da Coruña para investimentos de promoción económica durante o ano 2020. Máis información no seguinte enlace: https://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2020/02/04/2020_0000000765.pdf

Máis información

O prazo de presentación destas axudas está pedendente de publicar e dererminarase no anuncio de publicación da convocatoria destos programas nao BOP da Coruña, a través do Sistema Nacional de Publicación de Subvencións.

As solicitudes presentaranse de xeito telemático na sede electrónica da Deputación da Coruna a través da plataforma SUBTEL.

Por outra parte, as distintas entidades asociativas do Concello de Zas terán unha persoa á súa disposición para axudar a tramitar electrónicamente estas axudas. Para iso hai que inscribirse e unha vez inscrito comunicatase o día que esa persoa estará no concello para atender as dúbidas relacionadas coa tramitación electrónica da plataforma Subtel e coa sede electrónica.

 

Fonte: Deputación da Coruña

Compartir: