Convocadas novas axudas para a creación e promoción de emprego autónomo

05-02-2020

 

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Economía, Emprego e Industria, vén de abrir a convocatoria para o ano 2020 coa finalidade da promoción do emprego autónomo e a súa consolidación mediante incentivos á contratación indefinida inicial de persoas desempregadas realizada polas persoas traballadoras autónomas ou persoas profesionais con domicilio social e fiscal en Galicia.

 

En base a esta orde establécense os seguintes programas de axudas:  

 

PROGRAMA I: AXUDAS Á PROMOCIÓN DO EMPREGO AUTÓNOMO ( DOG Nº 22, DE 3/02/2020) PROCEDEMENTO TR341D

Obxecto: Conceder unha axuda económica aquelas persoas desempregadas que pretendan desenvolver a súa actividade empresarial ou profesional en Galicia como persoas traballadoras autónomas ou por conta propia.

Subvencionaranse as altas na Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional que, se formalicen desde o 1/10/2019 ata 30/09/2020.

Tipo de axuda
A.  Subvención polo establecemento como traballador ou traballadora autónoma ou por conta propia.
1.- A contía da subvención será:

  • 2.000 euros para desempregado en xeral.
  • 4.000 euros no caso de persoas desempregadas  que se atopen nalgún dos seguintes colectivos:

Persoas menores de 30 años

Persosas desempegadas de longa duración

Persoas desempregadas con discapacidade

Persoas desempregadas que se atopen en risco de exclusión social

 

Estas contías incrementarase nun 25% en cada un dos seguintes casos, que serán acumulables:

  1. No caso dunha muller
  2. No caso de que o centro de traballo estea situado nun concello rural
  3. No caso de persoas  maiores de 45 anos
  4. No caso dunha persoa emigrante retornada


Persoas beneficiarias

1.- Persoas desempregadas inscritas como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego, que se dean de alta como autónomos, entre o 1/10/2019 e o 30/09/2020, que cumpran unha serie de condicións especificadas na orde de convocatoria.

2.- Traballadores autónomos de sociedades civís e comunidades de bens, que o soliciten a título persoal.

Prazo de solicitudes:

  • O prazo xeral para a presentación de solicitudes de axudas do programa para a promoción do emprego autónomo finaliza o 30 de setembro de 2020.

PROGRAMA II: AXUDAS Á PROMOCIÓN DO EMPREGO AUTÓNOMO POLA CONTRATACÓN INDEFINIDA DE PERSOAS ASALARIADAS( DOG Nº 22, DE 3/02/2020) PROCEDEMENTO TR349F)

Obxecto: Conceder incentivos á contratación indefinida inicial e á formación de persoas desempregadas realizadas por persoas traballadoras autónomas ou persoas profesionais con domicilio fiscal en Galicia.

Por medio destes bonos as empresas que soliciten a subvención terán a posibilidade de obter axudas para a contratación indefinida inicial e para a formación.

Subvencionaranse as altas na Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional que, se formalicen desde o 1/10/2019 ata 30/09/2020.

Tipo de axuda

- Bono contratación: por medio do cal se proporcionará unha subvención para a contratación indefinida inicial de persoas desempregadas realizadas por persoas traballadoras autónomas.

Bono formación: é opcional , dirixido ás persoas contratadas por medio desta orde, para levar a  cabo accións formativas que melloresn os seus coñecementos e habilidades relacionados co posto de traballo.

Contía dos incentivos:

1.- A contía da subvención será:

1.a) Primeira persoa traballadora indefinida:

  • 4.000 euros cando se trate dunha persoa desempregada.
  • 6.500 euros cando a persoa desempregada se atope nalgún dos seguintes colectivos:

Persoas desempegadas de longa duración

Persoas desempregadas con discapacidade

Persoas desempregadas que se atopen en risco de exclusión social

1.b) Segunda e terceria persoa traballadora indefinida.

  • 6.500 euros cando se trate dunha persoa desempregada
  • 9.000 euros cando a persoa desempregada se atope nalgún dos seguintes colectivos, NON acumulables

Persosas desempegadas de longa duración

Persoas desempregadas con discapacidade

Persoas desempregadas que se atopen en risco de exclusión social

 

Estas contías  incrementarase nun 25% en cada un dos seguintes casos, que serán acumulables:

  1. Se a persoa incorporada é unha muller
  2. No caso de que o centro de traballo estea situado nun concello rural
  3. Persoas maiores de 45 anos
  4. Persoa emigrante retornada
  5. e) Persoa trans

Deste xeito as cuantían máximas posibles, de aplicarse todos os incrmentos serían:

- Para a 1ª persoa traballadora indefinia 14.625 euros.

- Para a 2ª e 3ª persoa traballadora indefinida 20.250 euros.

 

As contratacións poderán ser a tempo completo ou a tempo parcial.

 

Todas estas axudas están publicadas no Diario Oficial de Galicia - DOG - do pasado 3 de febreiro de 2020. 

 

Máis información

Para ampliar a información, os/as interesados/as poden contactar coa Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local do Concello de Zas situada na propia Casa do Concello ou ben a través do número de teléfono 981 70 83 03.

Compartir: